blog de iesga

IESGA manifestase novamente contra o decreto do plurilinguismo no ensino

Santiago de Compostela, 17 de Maio do 2010

Coincidindo co día das Letras Galegas, en honor a Uxío Novoneyra, Iniciativa Estudiantil Galega - IESGA sumouse hoxe novamente ás rúas da man da plataforma "Queremos Galego" para posicionarse en contra das medidas do goberno de Alberto Núñez Feijoo en materia de educación e solicitando a anulación do decreto do plurilinguismo no ensino na Comunidade Autónoma Galega.

¿Continúas? Eleccións a Claustro na UVigo 20M Vota IESGA

Chegou o momento de facer realidade a túa universidade,
chegou o momento dunha universidade progresista e solidaria,
chegou o momento dunha universidade pública, laica, gratuita e de calidade,
chegou o momento de garantir os dereitos do alumnado,
é o momento do cambio.

¿Continúas o noso proxecto?

O 20 de Maio axúdanos a facer realidade unha nova universidade.

O 20M ¡Vota IESGA!

Estas son as túas/nosas reivindicacións para o Claustro Universitario

Rompe a barreira. Decide. Cambia. 5M - Eleccións a Claustro na USC

Só podemos dicirche que se es solidario e progresista, se es de esquerdas e cres que outro mundo é posible, se pensas que na Universidade pública é necesario que exista quen participe para garantir os dereitos do alumnado...e que pensamos e sostemos que a cidadanía se forxa coa reivindicación dos nosos dereitos e coa solidariedade coas causas xustas.

por iso este é o teu sitio, este o teu momento e estas son as túas propostas.

O 5 de Maio axúdanos a facelas realidade, ¡Vota IESGA!

IESGA apoia a folga contra o decretazo lingüístico do goberno de Feijoo

Santiago de Compostela, 21 de Xaneiro de 2010

"O Berro seco: Manifestación singular galega na que algúns investigadores ven unha orixe da historia celta"

Iniciativa Estudiantil Galega

Fartura.eu

Estou farto de que se pisen os horarios!
Estou farta de atoparme barreiras arquitectónicas!
Estou farto de que non se oferten máis bolsas!
Estou farta dos horarios das bibliotecas!
Estou farto de non ter unha cafetería en condicións e con prezos razoables!
Estou farta de que se pisen os meus dereitos como estudantes!
Estou farto das colas interminables na fotocopiadora e dos prezos abusivos!
Estou farta de que se pisen os horarios!

CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

NON A VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe, 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, IESGA quere poñer de manifesto a defensa da igualdade e a súa repulsa á violencia machista.

Ampliado prazo de inscripción Ciclo de Cine.

Podedes anotarvos neste ligazón ou enviando Nome, Apelidos, DNI, mail e carreira que estudiades a otero@iesga.es

http://eventos.iesga.es/confRegistrationFormDisplay.py/display?confId=2

IESGA organiza un Ciclo de Cine para os meses de Abril e Maio

Está solicitado un Crédito de Libre Configuración. A matrícula é de balde.

Inscríbete en : http://eventos.iesga.es/confRegistrationFormDisplay.py/display?confId=2

Prazas Limitadas.

Programa:

1ª Xornada: Martes, 28 Abril.
Lugar: FAC. DE DEREITO. Aula Magna.
18.00h Ponencia de Dereito: ‘A seguridade e as leis que a regulan’. José Angel Brandariz García, profesor de Dereito Penal. Presenta Alba Somoza, representante de IESGA-Dereito.
19.00h Proxección da película: ‘Anatomía de un asesinato’

Distribuir contenido