Convocatoria Traballo de Economía en Galego
Enviado por economicas el Lun, 03/08/2009 - 10:44.
O Decanato e a Vicereitoría de Cultura e Comunicación organizan un concurso sobre traballos de economía escritos en galego, cun premio de 1000 euros.
Os obxetivos do Premio son:
-Promover a implicación do alumnado de ambos os centros a respecto da nosa lingua no contorno en que se desenvolven as súas actividades.
-Fomentar a investigación en lingua galega en temas de índole económica ou empresarial.
O prazo para a solicitude remata o vindeiro 15 de outubro.
Podedes concultar todas as bases neste ligazón:
http://www.economicas.udc.es/subido/economicas_premio_alumnado_2009.pdf