IESGA apoia a folga contra o decretazo lingüístico do goberno de Feijoo

Santiago de Compostela, 21 de Xaneiro de 2010

"O Berro seco: Manifestación singular galega na que algúns investigadores ven unha orixe da historia celta"

Iniciativa Estudiantil Galega

Baixo esta pancarta a asociación IESGA saíu hoxe ás rúas da man da plataforma "Queremos Galego" para sumarse ó berro colectivo contra o abuso que supón o decreto que propón o goberno de Alberto Núñez Feijoo en materia de educación e que supón unha ameaza á lingua galega.

Iniciativa Estudantil Galega sumouse ás protestas de miles de galegos e galegas que, convocados polos sindicatos do ensino e polas organizacións do estudantado, quixeron mostrar o seu rexeitamento ao borrador do decreto do plurilingüismo presentado polo PP, e que supón o primeiro paso atrás en materia de política lingüística no eido da educación na historia da Democracia.