Participa

Participación é a palabra fundamental que describe o que é IESGA. Un espazo de participación para todos e todas, un espazo construido pola rebeldía de mozos e mozas que loitan polos seus (e os teus) dereitos, pola xustiza, pola igualdade entre persoas e a equidade para dar a cadaquén o que necesita, porque o respecto e o apoio son fundamentais, porque a unión sempre fai a forza. IESGA é un espazo de oportunidades, no que a implicación xera o dinamismo, e o compromiso fundamental é o de traballar por unha educación pública, o de escoitar a realidade e moverse para transformala, no que a imaxinación permite facer da Universidade un espazo de creatividade, de imaxinación, de aprendizaxe e expresión, de debate, de crítica constructiva, de espontaneidade, no que a innovación sexa benvida, no que compartir unha nova visión, un novo modelo de universidade pública, de calidade, galega e galeguista...

Se tes chegado ata aqui probablemente IESGA é o teu espazo, probablemente eres unha desas persoas que non queda inmovil ante a vida que pasa.  IESGA é simplemente un grupo de mozos e mozas moi diferentes entre sí, pero que comparten un obxectivo, xente que necesita máis xente que aporte ideas... se tes chegado ata aqui seguro que che apetece ir un chisco máis lonxe... estamos en iesga@iesga.es, podes encher o formulario de contacto ou visitarnos en calquera dos centros que aparecen  no apartado «onde estamos».