I Xornadas de Educación para a Igualdade
Escola, Universidade e Empresa como espazos de construcción da igualdade e deconstrucción dos teitos de cristal.
As I Xornadas de Educación para a Igualdade están dirixidas a estudantes da Universidade da Coruña, mestres e mestras, persoal investigador, e traballadores en xeral, interesados en formarse e compartir experiencias en temas de igualdade, coeducación e corresponsabilidade.
Ao longo das xornadas –que se desenvolverán ao longo de catro tardes, e en distintas facultades do Campus de Elviña- abordaráse a educación para igualdade como temática transversal nos centros educativos; a igualdade de oportunidades no ámbito laboral e profesional (na empresa privada e na universidade pública) a problemática dos teitos de Cristal e, finalmente, a participación das mulleres no ámbito político.
Nestas Xornadas tratamos de combinar o formato de conferencia co de mesa redonda, co fin de que exista un intercambio de experiencias, entre as/os propios ponentes e, especialmente, abrindo canles de diálogo co público asistente (ao que tamén considerarmos “experto” na materia) para, finalmente, extraer unhas conclusións sobre o estado da situación e as propostas de actuación que, no futuro, debemos poñer en práctica.
A Asistencia ás I Xornadas de Educación Para a Igualdade é gratuita, previa solicitude de inscrición (as prazas son limitadas). Solicitouse á UDC a concesión de un crédito de libre configuración. Para a formulación da inscrición e acadar máis información podedes visitar as webs de: www.ugtcoruna.es e www.iesga.es
Programa
Xornada Inaugural: «A educación como ferramenta clave para a igualdade».
Mércores, 29 de outubro. Facultade de Socioloxía.
| 17:15 | Conferencia Inaugural A educación para a igualdade como temática transversal nos centros educativos. Ponente: Carmen Vieites. Sª de Políticas Sociais. FETE-UGT. |
| 18:30 |
Panel de Expertas
|
| 19:30 | Debate e elaboración das conclusións |
| 20:30 | Fin da sesión |
2ª Xornada: «Educando dende o centro de traballo: A empresa como espazo para a igualdade»
Xoves 30 de Outubro, Facultade de Dereito.
| 17:00 | A loita pola igualdade entre traballadores e traballadoras. Valoración da situación e novos retos. Ponente: Almudena Fontecha. Secretaría para la Igualdad da Comisión Executiva Confederal de UGT. |
| 18:00 | A situación da muller no mercado laboral. Un estudo sobre a comarca da Coruña. Ponente: Manuel varela. UGT A Coruña. |
| 19:30 |
Mesa de Experiencias
|
| 21:00 | Fin da sesión |
3ª Xornada: «Muller, ciencia e sociedade»
Martes 4 de novembro. Facultade de Informática.
| 17:00 | Muller e ciencia. A participación da muller na élite universitaria, ¿Estamos infrarrepresentadas? Ponente: Concha Herrero. Vicerreitora de investigación da UDC. |
| 18:30 |
Panel de expertas
|
| 19:30 | Debate e elaboración das conclusións. |
| 20:30 | Fin da sesión |
4ª Xornada: «Políticas de igualdade e participación política das mulleres na provincia da Coruña»
Mércores 5 de novembro. Facultade de Ciencias da Educación.
| 17:00 | A efectividade das políticas de integración da muller no mercado laboral. A estratexia da Xunta de Galicia. Ponente: María Debén. Delegada provincial da Consellería de Traballo. |
| 18:00 | Políticas de igualdade e «mainstreaming» de xénero. Estratexias para romper os Teitos de Cristal. Ponente: Esther Basanta. Dra. Fundación Mujeres. |
| 19:30 |
Mesa redonda
|
| 21:00 | Fin da sesión |
| Adjunto | Tamaño |
|---|---|
| LISTADO DE ADMITIDOS.pdf | 144.01 KB |