Espazo Europeo de Educación Superior
O Espazo Europeo de Educación Superior comeza no ano 1999 coa sinatura da Declaración de Boloña e vaise concretando en diferentes conferencias ata a actualidade. Con este novo sistema comézase a falar da avaliación de programas académicos converxentes que aseguren unha calidade docente, adoptando o sistema de transferencia de créditos (ECTS) que permitirá un recoñecemento académico inmediato de títulos, unha movilidad entre países da UE e a aprendizaxe ó longo de toda a vida.
Consideramos que ésta é unha reforma positiva no fondo, nos obxectivos xerais que persegue, pero tamén aporta cuestións canto menos perigosas para a continuidade dun sistema público, e se configura día tras día como unha reforma demasiado ambiciosa pola profundidade da mesma para os tempos que ten marcados, e o investimento que parece levar consigo.
Na actualidade as universidades están inmersas nun proceso vertixinoso de cambio no que moitas cousas están quedando no camiño, os plazos marcados limitan as posibilidades de reflexión e apresuran procesos de creación de novos títulos (a través dos programas VERIFICA e ACREDITA) en moi pouco tempo, , restando posibilidades de participación o estudantado, que en moitos casos ninsequera pode participar das comisións correspondentes, e xerando novos títulos pouco pensados en base a competencias, pero si repartidos para que ningún departamento quede sen nada. Ademáis resulta moi fácil caer no erro da burocratización, da simple cumplimentación de datos nos distintos programas, sin unha cultura de calidade de fondo na que se vexa a necesidade do cambio, o que evita o profundo cambio real que nun principio se intentaba promover.
A Avaliación configurase como un elemento fundamental neste novo sistema, e por fin aparece un sistema de avaliación de calidade do profesorado, o programa DOCENTIA, que avalía o traballo ben e mal feito, impedindo determinados incrementos salariais no caso dos resultados negativos e posibilitando actuacións tamén en base os resultados positivos como recoñecemento público o profesorado ou difusión da súa práctica. A pesar disto, este programa debería establecer de modo máis firme a toma de decisións en base os resultados de dita avaliación, xa que a simple posibilidade de non incrementar un salario non parece suficiente, debería existir a obligación de formación complementaria en base ás necesidades detectadas da avaliación, de modo que estes non sexan meramente informativos como ata o momento, senón que sirvan realmente como base para a mellora da calidade.
Valoramos moi positivamente o cambio paradigmático que supón esta reforma para unha universidade anquilosada en épocas pasadas; o paso da lección maxistral á construcción activa da aprendizaxe, o rol activo do profesorado e alumnado contra un proceso pasivo/receptivo e unidireccional, o desenvolvemento de competencias contra a memorística e reproducción de contidos… pero cuestionamos tamén o investimento feito contra o necesario para a aplicación satisfactoria de dito sistema, xa que, dende o noso punto de vista é canto menos, insuficiente. Non debemos esquecer que a mera publicación dunha lei no Boletín Oficial do Estado e os seus sucesivos decretos non é suficiente para que estas se apliquen na súa totalidade, basta con botar unha ollada á recenté historia da educación neste país para comprobar tal afirmación. Se o investimento non é o necesario en termos económicos, e polo tanto non investimos nunha imprescindible formación do profesorado universitario para asumir e traballar cunha metodoloxía totalmente diferente, a aplicación pode quedar reducida á parte administrativa, o que eliminaría por completo as maiores potencialidades da reforma, que realmente fan que se minimicen ou se lle reste importancia ós erros da mesma. Asimesmo, non se contempla na mayoría dos casos a necesaria formación do estudantado para este novo sistema, xa que o seu rol tamén pasa de ser fundamentalmente receptivo a ser “xestor” do seu proceso de aprendizaxe, algo para o que probablemente tampouco está preparado.
Como erros, ademáis dos que dicíamos en liñas anteriores sobre o proceso de implantación, tamén nos referímos ás posibilidades de manipulación e intrusión que pode adquirir a empresa privada no sistema público a través da nova configuración do sistema, logo, a posible mercantilización do ensino público, unha cuestión que non carece de importancia nun mundo no que o capitalismo imperante se consolida como sistema imparable e inagotable, e no que o sistema educativo público é o maior e máis importante elemento de loita co que contamos para evitar as desigualdades que comporta dito sistema. A universidade nunca debe estar o servicio da empresa privada, defendemos o establecemento de liñas de colaboración que permitan a transferencia entre teoría e práctica, aprendizaxes para unha mellor e máis completa formación do estudantado, pero nunca supeditar o sistema público os intereses de empresas privadas.
| Adjunto | Tamaño |
|---|---|
| Posicionamento EEES.pdf | 59.33 KB |