Subscripción gratuita revista Inditex
Dende IESGA queremos informarvos de que a empresa Inditex ofrece á Universidade da Coruña, dentro do seu plan de comunicación empresarial, 400 subscricións gratuítas durante un ano á revista “Actualidad económica” para todos aqueles profesores e alumnos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, da Escola Universitaria de Estudos Empresariais e da Escola Universitaria de Relacións Laborais de Ferrol que así o desexen.
Os interesados en acollerse a esta iniciativa deben enviar un correo electrónico ao Gabinete de Comunicación da Universidade da Coruña, comunicacion@udc.es, cos seus datos persoais (nome e apelidos) e o enderezo no que queren recibir a revista, indicando que son para a subscrición a “Actualidade Económica”. As subscricións entregaranse por rigorosa orde de chegada.