Preguntas de IESGA Políticas na Xunta de Facultade do 12 de marzo

DEFENDEMOS OS TEUS INTERESES NA XUNTA DE FACULTADE.

Na Xunta de Facultade do 12 de marzo IESGA fíxolle as seguintes preguntas ao equipo decanal e obtivo as seguintes respostas:

1. Debido ás deficiencias que hai nas instalacións da facultade e para garantir a seguridade de tódolos membros da comunidade universitaria e evitar que ocorra calquera problema serio, queremos saber se arranxarán as deficiencias que existen na actualidade.

RESPOSTA: Ya vinieron varias veces a ver lo que hay que arreglar, pero aún no realizaron los trabajos correspondientes, así que volveremos a recordárselo al Vicerrectorado de Infraestructuras, para que arreglen esto lo antes posible.

2. Ante a gran demanda que hai entre os estudantes dunha aula de estudo, xa que na actualidade non temos, cremos que é urxente establecer unha sala de estudo na nosa facultade e queremos saber se dispoñeremos pronto dunha sala de estudo.

RESPOSTA: Respondemos lo mismo que ya hemos dicho antes, estamos buscando un espacio adecuado para poder establecer una sala de estudio, esperamos a tener un lugar que se pueda dedicar a esa función.

Agora velaremos polo cumprimento do prometido polo equipo decanal e seguiremos traballando para que a voz dos estudantes sexa escoitada e tida en conta por parte dos órganos encargados de tomar as decisións na facultade.

Se nas vindeiras semanas non obtemos ningunha resposta formularemos as mesmas preguntas por rexistro aos Vicerreitorados correspondentes e se plantexará no Claustro e Consello de Goberno a través dos nosos representantes.

Comentarios

:)

Noraboa Diego, así é como se fan as cousas!