IESGA convídavos ó Día do Emprendedor en Galicia
O Decanato da Facultade de Económicas infórmanos de que vaise celebrar en Santiago unhas Xornadas con motivo do Día do Emprendedor,o 19 de maio, onde poderedes coñecer outros emprendedores, expertos, institucións e empresas. Nestes momentos de crise, para emprender é necesario establecer contactos, compartir coñecementos e intercambiar experiencias.
O Día do Emprendedor 2009 parte da túa visión emprendedora para descubrir novas oportunidades de negocio, axudarvos a innovar, atopar novos mercados ou analizar opcións de financiamento.
Máis de 2.200 persoas asistiron á última edición.
Estase pensando en dispoñer dun autobús dende a Facultade se hai xente suficiente. Para inscribiros, contestade a este correo ata o día 12 de maio cos vosos datos e indicando se necesitades dito autobús.
Podedes atopar máis información nestes ligazóns:
http://www.diaemprendedor.com/images/2008/docu/visionemprendedora2.pdf
O programa: http://www.diaemprendedor.com/gl/component/content/article/204.html