Rogos e preguntas de IESGA Políticas na Xunta de Facultade do 16 de xuño
DEFENDEMOS OS TEUS INTERESES NA XUNTA DE FACULTADE.
Na Xunta de Facultade do 16 de xuño IESGA fíxolle os seguintes rogos e preguntas ao equipo decanal e obtivo as seguintes respostas:
Primeiro dicir que nos alegramos de que por fin se arranxen as deficiencias que hai nas instalacións da facultade, como solicitamos dende IESGA na anterior Xunta de Facultade.
1. Solicitamos que se poña un ordenador por aula, para evitar os problemas e retrasos provocados ao ter que ir os profesores ou os alumnos a buscalo á conserxería.
RESPOSTA: Parécenos unha boa idea e terémola en conta, intentaremos poñer os ordenadores como fixemos coa instalación dos canóns nas aulas.
2. Queremos coñecer se hai avances na habilitación dunha sala de estudo na facultade e se dispoñeremos pronto dela, debido a gran demanda que hai entre os estudantes.
RESPOSTA: Queremos habilitar o espazo que hai libre na segunda planta ao lado das escaleiras e da aula de informática, para poder establecer alí unha sala de estudo.
Agora velaremos polo cumprimento do prometido polo equipo decanal e seguiremos traballando para que a voz dos estudantes sexa escoitada e tida en conta por parte dos órganos encargados de tomar as decisións na facultade.
Se nas vindeiras semanas non obtemos ningunha resposta formularemos as mesmas preguntas por rexistro aos Vicerreitorados correspondentes e se plantexará no Claustro e Consello de Goberno a través dos nosos representantes.