Escola, Universidade e Empresa como espazos de construcción da igualdade e deconstrucción dos teitos de cristal.
As I Xornadas de Educación para a Igualdade están dirixidas a estudantes da Universidade da Coruña, mestres e mestras, persoal investigador, e traballadores en xeral, interesados en formarse e compartir experiencias en temas de igualdade, coeducación e corresponsabilidade.
Ao longo das xornadas –que se desenvolverán ao longo de catro tardes, e en distintas facultades do Campus de Elviña- abordaráse a educación para igualdade como temática transversal nos centros educativos; a igualdade de oportunidades no ámbito laboral e profesional (na empresa privada e na universidade pública) a problemática dos teitos de Cristal e, finalmente, a participación das mulleres no ámbito político.
Nestas Xornadas tratamos de combinar o formato de conferencia co de mesa redonda, co fin de que exista un intercambio de experiencias, entre as/os propios ponentes e, especialmente, abrindo canles de diálogo co público asistente (ao que tamén considerarmos “experto” na materia) para, finalmente, extraer unhas conclusións sobre o estado da situación e as propostas de actuación que, no futuro, debemos poñer en práctica.
A Asistencia ás I Xornadas de Educación Para a Igualdade é gratuita, previa solicitude de inscrición (as prazas son limitadas). Solicitouse á UDC a concesión de un crédito de libre configuración. Para a formulación da inscrición e acadar máis información podedes visitar as webs de: www.ugtcoruna.es e www.iesga.es
Mentras non este dispoñible o formulario de inscripcción na páxina web podedes enviar un correo a
iesga@iesga.es cos vosos datos (Nome, apelidos, DNI, Dirección, correo electrónico e teléfono de contacto) A data límite de inscripcción será o día 24 de Outubro.