![]() |
|||||||||||||||||||
II Obradoiro de Investigación Científica "Unha profesión, con futuro?" Facultade de Ciencias Universidade da Coruña |
|||||||||||||||||||
Hai aproximadamente un ano, a asociación de estudantes IESGA organizou o I Obradoiro de Investigación Científica “Cómo investigar sen morrer no intento” na Facultade de Ciencias da UDC. Nel, intercambiaron experiencias, dúbidas, críticas e información sobre o sistema e a carreira investigadora, una trintena de estudantes e investigadores con diversos profesionais do mundo da investigación científica. A boa acollida que tivo entre todos/as os/as participantes –tanto asistente coma poñentes- fixo que IESGA una esforzos coa asociación de investigadores/as Precarios-Galicia para presentarche a segunda edición do Obradoiro. O II Obradoiro de Investigación Científica “Unha profesión, con futuro?” pretende ser un espazo de información e crítica construtiva cara o noso sistema investigador. Nel, estudantes, investigadores/as predoutorais e poñentes debaterán acerca das posibilidades reais que oferta o feito de ser investigador no noso país e os posibles problemas/erros do noso sistema, que sen dúbida hai que ter en conta antes de emprender una carreira científica e que se están vendo agravados polos recortes orzamentarios actuais. Para isto contaremos cun interesantísimo equipo de persoas, profesionais de distintos ámbitos do coñecemento, de diferentes etapas da súa carreira e de diferentes institucións –tanto galegas coma do resto de España- que virán ata A Coruña a impartir seminarios e participar nos debates que temos preparados. Esperamos que che interese esta segunda edición do Obradoiro e que te animes a participar. Gustaríanos moito coñecer a túa opinión acerca dos diferentes aspectos que trataremos. Ten en conta que os estudantes e os mozos investigadores de hoxe seremos os que, o día de mañá, teñamos a obriga de cambiar un sistema científico que, sen dúbida, é moi mellorable. Esperámoste. IESGA e Precarios-Galicia. Febreiro de 2010. |
|||||||||||||||||||
Links de interese
|
|||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||
![]() |
|||||||||||||||||||
![]() |
![]() |
||||||||||||||||||
![]() |
|||||||||||||||||||